sábado, 28 de xullo de 2018

O xénero e o número

O XÉNERO E O NÚMERO DO SUBSTANTIVO

O XÉNERO DO SUBSTANTIVO

O xénero é a categoría gramatical que permite a clasificación dos substantivos e adxectivos en masculinos e femininos.O xénero é inherente aos substantivos, non está condicionado polas necesidades de concordancia dentro do enunciado e reflicte a seguinte oposición: xénero marcado (tamén chamado "feminino") e xénero non marcado (tamén chamado "masculino").

Os substantivos en que se produce a oposición de xénero  denomínanse variables, e esta oposición trae consigo diferenzas de significado:
1. Diferenza de sexo: xeralmente, nos seres sexuados dáse a oposición macho / femia: tío / tía; cabalo / egua; o estudante / a estudante; rei / raíña; tigre / tigresa.
2. Diferenza de forma: dependendo do seu xénero gramatical, moitos termos poden designar obxectos que presentan diferenzas formais que, polo xeral, son de tamaño (maior / menor):
Agra: grande extensión de terra de cultivo dividida en leiras ou agros que pertencen a distintos donos.
Agro: extensión de terra para o cultivo, polo xeral pequena, que pertence a un só dono.

3. Oposición individual / colectivo:

Ovo: corpo formados por unha soa célula, producido polas femias dos animais ovíparos, que contén o xerme do embrión e as  substancias para alimentalo.
Ova: masa compacta formada polo conxunto de pequenos ovos nos ovarios dos peixes e crustáceos.

Nos substantivos variables, que  presentan oposición de xénero :
En xeral, emprégase morfema -para o masculino e morfema -para o feminino: ososa.
Ás veces, o xénero feminino indícase cos morfemas -iña, -ina, -esa, -isa, -triz :
galo galiñaheroe heroína actor actriz.
Outras veces, a oposición indícase con lexemas totalmente distintos: home mullerboi vaca.
Outros substantivos marcan a oposición mediante o determinante:

REGRAS DE FORMACIÓN DO FEMININO:
MASCULINOS
FEMININOS
Rematados en -ou en -átonos
substitúen a vogal final por -afillo / fillaxefe / xefa,humano / humana
Rematados en -eu
fan o feminino en -íaxudeu / xudíasandeu / sandía
Rematados en vogal tónica
engaden un -aavó / avoanu / núa
Rematados en consoante distinta de -n
engaden un -adeus / deusaprofesor / profesora
Rematados en -ón
fan o feminino en -oaleón / leoapatrón / patroa ou en –ona ( os pexorativos)mangallón / mangallona,solteirón / solteirona
Rematados en -án
fan o feminino en -áfisterrán / fisterrácapitán / capi­táou en -ana( os pexorativos)folgazán / folgazana

Os substantivos invariables non presentan oposición de xénero, senón que ou ben son masculinos ou ben femininos (a xirafa machoo discoa ponte...).
Son  femininos :
·         A maior parte dos nomes das árbores froiteiras e o seu froito: a maceira a mazáa cerdeira /   a cereixaa nogueira a noz... Con todo, tamén hai casos masculinos: o pexegueiro o pexegoo limoeiro o limón.
·         Os substantivos rematados en -axea paisaxea viaxea friaxe... (agás o traxeo paxe o garaxe).
·         Os rematados en -se, -te, -ite:    a análisea crisea paréntesea apendicitea diabetea hepatite...
·         Os rematados en -tade, -dade:              a liberdade, a propiedade, a bondade, a puberdade, a vontade, a facultade..

En contraposición co castelán  teñen xénero feminino os seguintes substantivos:                            
a árbore, a arte, a canle, a calor, a cor,a color,a cute, a fin(= final)  a dor, a fraude, a orde, a orixe, a ponte,a pube, a reuma, a rubor,a sentinela, a síndrome, a suor...




Son masculinos:

  • -ote e -ete (na súa orixe diminutivos): capote, garrote, barrote, camarote, piquete, bigote;ou en -ate: chocolate, iate, tomate, etc
  • -ame ou -ome: agás síndrome e fame
  • -ume: betume, cerume, costume, cume, estrume, fume, legume, lume, queixume, teitume, vagalume, volume (pero a servidume, a podredume...).
  • O nome das letras e os dígrafos é masculino: o a, o efe, o ese, o xe, o ele duplo...
En contraposición ao castelán, teñen xénero masculino os seguintes substantivos:                          
o cal, o cárcere, o costume, o couce, o cume, o cuspe, o dote,o fel,
o fin (= finalidade), o labor, o legume, o leite,o mar, o masacre, o mel, o nariz,
o queixume, o riso, o sal,o sangue, o sinal, o xiz...

O xénero dos determinantes nunca varía por cuestións de fonética sintáctica ou posibles cacofonías: a acta, a auga, a aula...
…………………………………………………………………………………

O NÚMERO DO SUBSTANTIVO

A categoría de número indica a oposición singular / plural, isto é, como unha unidade ou como máis dunha unidade.
– Os substantivos continuos adoitan presentar só o singular (singularia tantum) por non poderen ser individualizados. Ás veces aparecen en plural con diferente  significación ou con matices expresivos: o aire /os aireso tempo os tempos.
– Outros substantivos só se empregan en plural (pluralia tantum): os lentes, as nupcias, os cartos, os parabéns, os víveres, as cóxegas, as maniotas, as tenaces...
– Nalgúns casos, a oposición de número leva unha oposición de significado:
miolo (‘parte interna do pan, miga’) / miolos (‘masa encefálica’).

REGRAS DE FORMACIÓN DO PLURAL
Engádese -s
se en singular as palabras rematan en vogal, ditongo ou consoante que non sexa -r, -z, -ou -l:
cadro / cadrosxersei / xerseisbailarín / bailarínstic / tics.
Engádese -es
– ás agudas que rematan en -no singular: compás / compases.
– Se os substantivos rematan en -ou -z: xogador / xogadores; raíz / raíces.
- Cando en singular rematan en -e son monosílabas ou graves: ril / riles; fácil / fáciles.
- Nos substantivos compostos, se o segundo elemento é un monosílabo rematado en -l, faise o plural engadindo -es:
pousafol –pousafoles/chuchamel – chuchameles/ ollomol -ollomoles
Cámbiase o  -l
por -is
se rematan en -e son palabras polisílabas agudas: canal / canais; mandil / mandís.
Cruel e  fiel conteñen dúas sílabas e non unha. O plural é  crueis e fieis.
Nin caracol nin aerosol son palabras compostas, polo tanto o, seu plural é caracois e aerosois.

Permanecen invariables
as graves ou esdrúxulas rematadas en -e todas as re­matadas en -x: o lapis / os lapis; o mércores / os mércores; o fax / os fax; o tórax / os tórax
Moitos estranxeirismos  rematados en consoante engaden -s para formaren o plural: pubs,sándwichs,icebergsvideoclipsfagots.

 Tirado de "Moradías do vento".

venres, 27 de xullo de 2018

Comentario Manuel Antonio

1- Que características propias das vangardas e de Manuel Antonio achammos neste poema?