Tirado do espazo Abalar para ttratarmos todo tipo de textos e aspectos relacionados sobre lingua e sociedade como o bilingüísmo e a diglosia.
Exercicios de autoavaliación:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1390395470/contido/index.html
luns, 18 de novembro de 2019
domingo, 17 de novembro de 2019
AS PROPIEDADES TEXTUAIS.
PROPIEDADES DO TEXTO (TIRADAS DO ESPAZO ABALAR)
Un texto é algo máis que unha sucesión desartellada de oracións. Para que un texto teña unidade e sentido debe posuír varias propiedades:
adecuación, coherencia e cohesión.
COHESIÓN TEXTUAL
É o conxunto de mecanismos lingüísticos mediante os cales os elementos dun texto se relacionan entre si.
As oracións que conforman un texto non son unidades illadas e inconexas, posta unha a carón da outra, senón que están conectadas ou relacionadas entre si con medios gramaticais diversos: puntuación, preposicións, conxuncións, pronomes, sinónimos, etc. Un texto está cohesionado cando os elementos que o compoñen (palabras, frases, oracións e parágrafos) están ben conectados entre si a través de preposicións, conxuncións, pronomes, sinónimos,etc.
Para dar cohesión a un texto utilízanse os
MECANISMOS DE REFERENCIA INTERNA e os CONECTORES TEXTUAIS:
MECANISMOS DE REFERENCIA INTERNA:
Con eles
podemos referirnos, de maneira cohesionada a unha mesma realidade dentro do
discurso. Os máis habituais son a recorrencia, a paráfrase, a
substitución e a elipse
- Recorrencia
Chámase tamén
repetición ou reiteración. Consiste en repetir un elemento do texto dentro do propio texto. Pode ser de varios tipos:
1.1 Reiteración
léxica→repetición dun
mesmo termo:
Xoana buscaba a súa carteira enriba do mostrador. Daquela xa era
tarde,: a carteira desaparecera.
1.2 Repetición
mediante sinónimos→recorremos a un
sinónimo, perfecto ou non, para referirnos a un elemento anterior:
A exposición de arte galega foi inaugurada onte. Agárdase que a mostra
teña moito éxito.
1.3
Repetición hiperonímica→emprego de hiperónimos do elemento que se pretende repetir:
As laranxeiras hainas que protexer da xeada, xa que estas árbores
son moi delicadas.
- Paráfrase
Consiste en reiterar un elemento do texto mediante unha frase que o
define:
Os cidadáns visitan as bibliotecas cada vez menos. Estes berces
de cultura deberían estar mellor dotados.
- Substitución
Consiste en repetir un ha palabra do texto
mediante unidades específicas que cumpren esa función substitutiva. Hai varias
posibilidades de substitución:
3.1.
Mediante proformas
léxicas, que poden ter valor nominal ou verbal.
Son palabras cun significado moi xenérico que actúan como substitutos de
palabras máis precisas que non recordamos ou que non queremos repetir.
Coloquialmente chamámolas palabras
comodín, porque realizan a mesma función que un comodín nun xogo de cartas.
Os máis usuais son: feito, cousa, elemento,facer,dar,etc.
Onte, ás dez, produciuse un accidente grave na estrada xeral. O feito
foi provocado polo mal estado do pavimento e pola chuvia.
Feito é unha proforma léxica con valor nominal pois substitúe un substantivo
(accidente)
Os estudantes non foron á clase durante toda a semana. Fixérono en sinal de protesta
pola suba das taxas de matriculación.
Fixeron é unha
proforma léxica con valor verbal pois substitúe un verbo (ir).
3.2.Uso de pronomes
gramaticais (persoais, demostrativos, indefinidos, relativos, posesivos,
etc.)
Lois e Mar
atopáronse aquela tarde e falaron durante horas. Non se vían
desde había tempo. El estivera en Lisboa e ela en Londres durante
varios meses. Ambos chegaran o sábado á cidade.
(Os pronomes se, el ela, e mais
o indefinido ambos substitúen aos
substantivos Lois e Mar).
3.3.Substitución por proadverbios:
Cando
comezou o curso non pensei que fose suspender. Daquela tiña un proxecto de estudo
elaborado que eu consideraba infalible.
(O proadverbio daquela substitúe a un CCT en función adverbial).
Os adverbios poden actuar como substitutos nalgúns contextos:
Todo o mundo foi ao bar Universal.
Atoparalos alí.
- Elipse ou elisión
Consiste na supresión
de elementos que aparecen con anterioridade no texto. Pode ser nominal (cando
se elide un nome ou unha fn.) e verbal (cando se elide un verbo)
O traballo de
hoxe habémolo
rematar nun par de horas, pero o (Ø) de mañá xa nos ha levar algún tempo
máis.
(Está elidido o substantivo traballo,
pero mantense o resto da estrutura da frase nominal).
Primeiro cómese
o entrante, despois (Ø) o primeiro prato e finalmente (Ø) a sobremesa.
(Está elidido
o verbo cómese en dúas ocasións).
A
recorrencia, a paráfrase, a substitución e mais a elisión cohesiva poden ser anafóricas
ou catafóricas dependendo de se van antes ou despois do elemento
substituído:
Lois non está de acordo. El cre que debe facerse fóra e (Ø)
xa comezou a sacar os instrumentos á terraza.
(Aquí a
substitución e a elipse do SUX. en xa comezou son anafóricas porque aparecen despois do referente (Lois).
Eles sempre chegan tarde. Tanto Charo como Paco tardan moito
tempo en se enfeitar.
(Aquí a substitución é catafórica, porque o pronome substitutivo
“eles” aparece antes de que se coñeza o referente “Charo e Paco”).
CONECTORES TEXTUAIS
Os conectores textuais ou
discursivos son outro dos procedementos empregados para lograr a cohesión
textual. É unha serie aberta e moi heteroxénea de unidades lingüísticas que
marcan as relacións que se establecen no texto entre os elementos que o
conforman, así como a súa estruturación e desenvolvemento. Poden funcionar como
conectores os adverbios e locucións adverbiais (agora,
así, despois), as conxuncións e locucións conxuntivas coordinantes e
subordinantes(non obstante, porén, porque),as
preposicións e locucións prepositivas (do mesmo xeito, polo
contrario), certas expresións (para concluírmos, polo que se refire a...),
etc.
Os marcadores discursivos
úsanse para organizar e relacionar os elementos que compoñen os textos
(secuencias, parágrafos ou enunciados). Funcionan no nivel supraoracional. (Non
se deben confundir coa función que desempeñan no nivel oracional as
conxuncións, os adverbios, etc. Ex.: Eles foron os que entraron
en primeiro lugar no despacho.→ función
oracional, CCT // En primeiro lugar,
eles foron os que entraron no despacho.→función supraoracional., conector
textual: porque é usado polo emisor para organizar o discurso)
O número
de conectores textuais é moi amplo. A seguir aparecen os máis comúns:
CONECTORES
ORGANIZADORES DO DISCURSO
|
Uso
|
Exemplos
|
|
Iniciadores (introducir un tema)
|
Para comezar, primeiro de todo, antes de nada...
|
|
Ordenadores (organizar o texto)
|
En primeiro lugar, en segundo lugar, en último lugar, por
unha parte, por outra parte, dunha banda, doutra banda, por último...
|
|
Continuativos
|
Pois ben, neste sentido, entón...
|
|
Tematizadores (iniciar un novo asunto)
|
Con respecto a, canto a, no tocante a, en relación con...
|
|
Aditivos (incidir na mesma idea)
|
Ademais, así mesmo, do mesmo xeito, tamén, igualmente,
inclusive
|
|
Contrastivos (opor ideas)
|
Pola contra, aínda que, non obstante, pero, mais, con
todo, agora ben, polo contrario, porén, así e todo, a diferenza de...
|
|
Causais
|
Porque, por mor de,
por iso...
|
|
Consecutivos (mostrar consecuencia)
|
En consecuencia, consecuentemente, daquela, entón, de
xeito que, por tanto , xa que logo...
|
|
Finais (indicar finalidade)
|
Co obxectivo de, co propósito de...
|
|
Espazo-temporais
|
No centro, á dereita, por riba, antes, mentres que,
mentres tanto, de súpeto, máis tarde, despois, deseguido, sempre que...
|
CONECTORES
ORGANIZADORES DE IDEAS
|
Uso
|
Exemplos
|
|
Expresión de punto de vista
|
Na miña opinión, desde o meu punto de vista, polo que a
min respecta...
|
|
Manifestación de certeza
|
De feito, en realidade, claro, é evidente que...
|
|
De confirmación
|
En efecto, por suposto, dende logo...
|
|
De reformulación (esclarecer unha información)
|
Isto é, é dicir, ou sexa, noutras palabras, quere dicir...
|
|
De exemplificación
|
Por exemplo, en concreto, así...
|
|
De resumo e/ou conclusión
|
En resumo, así, en conclusión, en poucas palabras, en
síntese, en suma, en conxunto, en definitiva...
|
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Comentario Manuel Antonio
1- Que características propias das vangardas e de Manuel Antonio achammos neste poema?
-
CANTARES GALLEGOS. ROSALÍA DE CASTRO O 17 de maio de 1863 Rosalía de Castro asina a dedicatoria do seu primeiro libro de poesía g...
-
O GALEGO NA IDADE MEDIA A. CONTEXTO HISTÓRICO-SOCIAL “Idade Media” é un concepto que designa o periodo comprendido entre a caída do...
-
PROPIEDADES DO TEXTO (TIRADAS DO ESPAZO ABALAR) Un texto é algo máis que unha sucesión desartellada de oraci...