A
BASILIO ÁLVAREZ
¡Sementador!
O trigo dos beirales
mostra as espigas mestas e douradas,
e
as segadoras fouces, afiadas,
teñen tráxico brillo de
puñales.
O teu verbo, estalante nos pinales,
troca,
ó chegar ás chouzas das valgadas,
os salaios das gorxas
abafadas
en ruxidos guerreiros e triunfales
A aldea
érguese co craror da aurora
agardando a siñal, e non sosega
en
axexo de loita vingadora.
¡Xa a lus do sol do mediodía
cega,
sementador! ¡Sementador, xa é hora
de da-lo berro e
comenza-la sega!
Ramón Cabanillas
1- Explica as características formais: métricas, estróficas, morfosintácticas…..
2- Cal e o significado do poema ?
3- Explica o significado da palabra “sementador” no poema.
4- Onde o clasificarías dentro da obra de Cabanillas ?
5-Elabora unha conclusión persoal.