mércores, 4 de novembro de 2020

HSITORIA SOCIAL DA LINGUA. SÉCULO XX

 

HISTORIA SOCIAL DA LINGUA. SÉCULO XX

  Fundación do Partido galeguista.



1916-1936


Continúa o proceso de substitución lingüística pero sen demasiada importancia, polo de agora, dado que a maioría da poboación é analfabeta e só coñece o galego, porén a escola e o acceso á cultura faise en castelán.


BURGUESÍA/NOBREZA................................. CASTELÁN


CAMPESIÑADO......................................... GALEGO


Esta é unha situación que contribúe a reforzar os prexuízos lingüísticos: galego lingua de pobres e de analfabetos.


Fronte a esta situación xorden determinados movementos como as Irmandades da Fala, Grupo Nós, Seminario de Estudos galegos, Partido Galeguista... continúan o uso escrito do galego que xa comenzara co Rexurdimento e procuran estendelo a todo tipo de escritos, tanto literarios como non literarios, ensaios, investigacións arqueolóxicas, biolóxicas... Os persoeiros destes movementos empregan o galego por primeira vez nos seus discursos públicos.


Todo isto significou un grande avance mais non tiveron apenas repercusión na maioría da sociedade. Ademais o galego seguía afastado da administración, o ensino, a igrexa ou o comercio..

O Estatuto de 1936 significa un grande avance tanto a nivel legal coma político pero coa Guerra Civil todo remata.


1936-1978.

 

Neste período o proceso de diglosia e discriminación do galego continúa. Desde o poder increméntase a presión para o uso do castelán alén de que co aumento da alfabetización, tamén aumenta o emprego do castelán.


  • Represión do franquismo contra todas as linguas diferentes do español.

  • Xeneralización da educación obrigatoria, exclusivamente en castelán.

  • Éxodo do rural cara ás cidades o que leva aparellado un aumento do uso do castelán considerado a lingua do poder e do ascenso social.

  • Aumento dos medios de comunicación que só podían ser en castelán.



A guerra civil tamén rematou coa produción de textos en lingua galega non interior e as publicacións fanse no exilio: Os vellos non deben namorarse, A esmorga, Sempre en Galicia, a obra de Luís Seoane.... A partir dos anos 60 a situación mellora, prodúcese unha apertura do réxime. Nace a editorial Galaxia, a RAG establece o Día das letras galegas, o galego comeza a usarse nos movementos sociais e de oposición á ditadura, fúndanse o PSG e a UPG....



1978.......

 

Coa morte de Franco danse importantes cambios. A Constitución española de 1978 recoñece a pluralidade lingüística e abre o camiños á descentralización recoñecendo as distintas nacionalidades e autonomías.


En 1981 apróbase o Estatuto de autonomía que recoñece que o galego é a lingua propia de Galiza e establece a cooficialidade entre galego e castelán. No 1983 apróbase a Lei de Normalización Lingüística que ten como obxectivo protexer e fomentar a lingua galega, no seu artigo 1º establece que “ O galego é a lingua propia de Galicia e todos os galegos teñen o dereito de coñecelo e de usalo”


O proceso de normalización lingüística caracterízase por:

  • Centrarse principalmente no ensino e esquecer outros sectores como a administración e o empresariado.

  • Non estivo sometido a unha organización e planificación previas e moitas ves dependía da boa vontade dos axentes implicados.

Até 2004, vinte anos despois da Lei, non se estableceu un Plan xeral de Normalización da Lingua Galega, aínda que a súa aplicación está a ser lenta e custos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario Manuel Antonio

1- Que características propias das vangardas e de Manuel Antonio achammos neste poema?