Exercicios de comprenmsión lectura para un nivel de sexto de primaria.
mércores, 2 de decembro de 2020
mércores, 4 de novembro de 2020
HSITORIA SOCIAL DA LINGUA. SÉCULO XX
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA. SÉCULO XX
Fundación do Partido galeguista.
1916-1936
Continúa o proceso de substitución lingüística pero sen demasiada importancia, polo de agora, dado que a maioría da poboación é analfabeta e só coñece o galego, porén a escola e o acceso á cultura faise en castelán.
BURGUESÍA/NOBREZA................................. CASTELÁN
CAMPESIÑADO......................................... GALEGO
Esta é unha situación que contribúe a reforzar os prexuízos lingüísticos: galego lingua de pobres e de analfabetos.
Fronte a esta situación xorden determinados movementos como as Irmandades da Fala, Grupo Nós, Seminario de Estudos galegos, Partido Galeguista... continúan o uso escrito do galego que xa comenzara co Rexurdimento e procuran estendelo a todo tipo de escritos, tanto literarios como non literarios, ensaios, investigacións arqueolóxicas, biolóxicas... Os persoeiros destes movementos empregan o galego por primeira vez nos seus discursos públicos.
Todo isto significou un grande avance mais non tiveron apenas repercusión na maioría da sociedade. Ademais o galego seguía afastado da administración, o ensino, a igrexa ou o comercio..
O Estatuto de 1936 significa un grande avance tanto a nivel legal coma político pero coa Guerra Civil todo remata.
1936-1978.
Neste período o proceso de diglosia e discriminación do galego continúa. Desde o poder increméntase a presión para o uso do castelán alén de que co aumento da alfabetización, tamén aumenta o emprego do castelán.
Represión do franquismo contra todas as linguas diferentes do español.
Xeneralización da educación obrigatoria, exclusivamente en castelán.
Éxodo do rural cara ás cidades o que leva aparellado un aumento do uso do castelán considerado a lingua do poder e do ascenso social.
Aumento dos medios de comunicación que só podían ser en castelán.
A guerra civil tamén rematou coa produción de textos en lingua galega non interior e as publicacións fanse no exilio: Os vellos non deben namorarse, A esmorga, Sempre en Galicia, a obra de Luís Seoane.... A partir dos anos 60 a situación mellora, prodúcese unha apertura do réxime. Nace a editorial Galaxia, a RAG establece o Día das letras galegas, o galego comeza a usarse nos movementos sociais e de oposición á ditadura, fúndanse o PSG e a UPG....
1978.......
Coa morte de Franco danse importantes cambios. A Constitución española de 1978 recoñece a pluralidade lingüística e abre o camiños á descentralización recoñecendo as distintas nacionalidades e autonomías.
En 1981 apróbase o Estatuto de autonomía que recoñece que o galego é a lingua propia de Galiza e establece a cooficialidade entre galego e castelán. No 1983 apróbase a Lei de Normalización Lingüística que ten como obxectivo protexer e fomentar a lingua galega, no seu artigo 1º establece que “ O galego é a lingua propia de Galicia e todos os galegos teñen o dereito de coñecelo e de usalo”
O proceso de normalización lingüística caracterízase por:
Centrarse principalmente no ensino e esquecer outros sectores como a administración e o empresariado.
Non estivo sometido a unha organización e planificación previas e moitas ves dependía da boa vontade dos axentes implicados.
Até 2004, vinte anos despois da Lei, non se estableceu un Plan xeral de Normalización da Lingua Galega, aínda que a súa aplicación está a ser lenta e custos.
martes, 20 de outubro de 2020
PARA TRABALLARMOS A SINTAXE
Materiais tirados do espazo Abalar e da autoría do seminario do Ies San Clemente:
A sintaxe da lingua I
A sintaxe da lingua galega II.
mércores, 10 de xuño de 2020
Un blogue do profesor Eloy Rodríguez
luns, 18 de novembro de 2019
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Exercicios de autoavaliación:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1390395470/contido/index.html
domingo, 17 de novembro de 2019
AS PROPIEDADES TEXTUAIS.
- Recorrencia
- Paráfrase
- Substitución
(O proadverbio daquela substitúe a un CCT en función adverbial).
- Elipse ou elisión
|
Uso
|
Exemplos
|
|
Iniciadores (introducir un tema)
|
Para comezar, primeiro de todo, antes de nada...
|
|
Ordenadores (organizar o texto)
|
En primeiro lugar, en segundo lugar, en último lugar, por
unha parte, por outra parte, dunha banda, doutra banda, por último...
|
|
Continuativos
|
Pois ben, neste sentido, entón...
|
|
Tematizadores (iniciar un novo asunto)
|
Con respecto a, canto a, no tocante a, en relación con...
|
|
Aditivos (incidir na mesma idea)
|
Ademais, así mesmo, do mesmo xeito, tamén, igualmente,
inclusive
|
|
Contrastivos (opor ideas)
|
Pola contra, aínda que, non obstante, pero, mais, con
todo, agora ben, polo contrario, porén, así e todo, a diferenza de...
|
|
Causais
|
Porque, por mor de,
por iso...
|
|
Consecutivos (mostrar consecuencia)
|
En consecuencia, consecuentemente, daquela, entón, de
xeito que, por tanto , xa que logo...
|
|
Finais (indicar finalidade)
|
Co obxectivo de, co propósito de...
|
|
Espazo-temporais
|
No centro, á dereita, por riba, antes, mentres que,
mentres tanto, de súpeto, máis tarde, despois, deseguido, sempre que...
|
|
Uso
|
Exemplos
|
|
Expresión de punto de vista
|
Na miña opinión, desde o meu punto de vista, polo que a
min respecta...
|
|
Manifestación de certeza
|
De feito, en realidade, claro, é evidente que...
|
|
De confirmación
|
En efecto, por suposto, dende logo...
|
|
De reformulación (esclarecer unha información)
|
Isto é, é dicir, ou sexa, noutras palabras, quere dicir...
|
|
De exemplificación
|
Por exemplo, en concreto, así...
|
|
De resumo e/ou conclusión
|
En resumo, así, en conclusión, en poucas palabras, en
síntese, en suma, en conxunto, en definitiva...
|
Comentario Manuel Antonio
1- Que características propias das vangardas e de Manuel Antonio achammos neste poema?
-
PROPIEDADES DO TEXTO (TIRADAS DO ESPAZO ABALAR) Un texto é algo máis que unha sucesión desartellada de oraci...
-
O GALEGO NA IDADE MEDIA A. CONTEXTO HISTÓRICO-SOCIAL “Idade Media” é un concepto que designa o periodo comprendido entre a caída do...
-
CANTARES GALLEGOS. ROSALÍA DE CASTRO O 17 de maio de 1863 Rosalía de Castro asina a dedicatoria do seu primeiro libro de poesía g...

