martes, 29 de outubro de 2019
O substantivo, xénero, número...
Neste enlace temos unha información practica e moi útil para traballar desde a rede e menos ebarullada ca a do galego.eu.
mércores, 23 de outubro de 2019
Samaín
https://praza.gal/ducias/respostas-sobre-o-samain
Un bon enlace para coñecer cousasw do Samaín, historia, celebracións,...
Un bon enlace para coñecer cousasw do Samaín, historia, celebracións,...
luns, 21 de outubro de 2019
As cores.
Loiras, castaños, rubias, morenos, roxas e viceversa
Non vai falar este artigo de programas de televisión; só de cores de pelo. En galego temos un vocabulario propio para definir o abano cromático que acotío se encontra na cabeleira humana e animal pero desde hai uns anos, por mor da influencia do castelán, xurdiron dúbidas ou incluso malos usos que condenan ao esquecemento as formas propias.
Rubio: O meu pai é o Rubio de Cequeliños. Tamén lle chaman o Paxariño pero ese é un alcume que herdou do meu avó Antonio, que seica pasaba o día a asubiar. Meu pai hoxe está careco e os pelos que lle quedan están brancos coma a neve. Mais en tempos tiña o pelo dourado. O meu pai non era rubio, en definitiva. Porque o adxectivo rubio en galego define as persoas co pelo avermellado ou ben cunha cor que oscila entre o dourado e o acastañado. Esta é a cor ideal para traducir o castelanismo pelirrojo. No caso dos animais, o pelo rubio é ese ton acastañado vivo, tirando ao vermello, que leva a vaca rubia galega ou algúns cans das razas británicas: settler, cocker, algún golden retriever.
Roxo: Aínda que pode ser sinónimo de rubio, e polo tanto tamén podemos usalo para substituír pelirrojo, a cor roxa tamén pode definir en galego unha tonalidade de vermello máis vivo, tirando á cor laranxa e incluso o cabelo da cor do ouro.
Louro e loiro: Meu pai non chegou a roxo porque o amarelo da súa cabeleira era un dourado máis claro. Para ese ton usamos en galego louro. Esta é a forma máis axeitada para substituír o que en castelán chaman rubio. “La ciudad con más mujeres de pelo rubio de España es Sevilla”. “A cidade con máis mulleres de pelo louro de España é Sevilla”. Segundo o Dicionario da Real Academia Galega, o adxectivo louro tamén define a cor da castaña moi madura, é dicir un matiz do granate. O Estraviz diferencia louro, que en efecto define esa cor escura e brillante de loiro, que viría definir ese dourado ou castaño claro.
Castaño: Eu non herdei o loiro do meu pai; son castaño, en extinción. A cor castaña vén da cor dese froito seco tan común en Galicia, polo que nalgúns contextos podería chamarse tamén louro. Entendo a confusión, nin eu mesmo sei de que cor teño o pelo que aínda non me encaneceu.
Moreno: Neste caso, o adxectivo é igual en galego ca en castelán. No caso do pelo define a cor negra ou castaña moi escura. En canto á pel, é unha forma ampla de referirse a tons escuros.
En resumo, en galego temos catro grandes grupos de cor de pelo: loiros ou louros; roxos ou rubios; castaños e morenos. Os dous primeiros adxectivos equivalen aos castelanismos rubio, pelirrojo/pelirroxo. Este campo semántico considero que é un dos máis danados da nosa lingua. Recuperalo non é doado. Hai tempo que veño propoñendo sen ningún altofalante que a TVG debería producir unha serie infantil cuxos personaxes levasen nomes das cores de noso para impedir que se perdan.
Artigo tirado de:https://dubidasdogalego.wordpress.com/2015/01/13/loiras-castanos-rubias-morenos-roxas-e-viceversa/
xoves, 22 de novembro de 2018
A lingua galega na Idade Media. (1º BAC)
O GALEGO NA IDADE MEDIA
“Idade Media” é un concepto que designa o periodo comprendido entre a caída do Imperio Romano (s.V) e a caída do Imperio Bizantino (s. XV). Agora ben, ao falar de lingua tomamos como punto de partida os séculos VIII-IX posto que é o momento no que o galego xa se atopa plenamente diferenciado do latín.
B. Características da sociedade feudal da Galicia medieval
1. Economía predominantemente agrícola e mariñeira. Actividade comercial e artesanal centrada sobre todo nas ciudades, nestas destaca a organización en gremios dos barrios.
2. Ríxida estrutura social que fomenta as desigualdades. Existencia dunha sociedade estamental dividida en: bellatores (nobreza); oratores(clero); laboratores (campesinado, mariñeiros); incipiente burguesía (centrada nas ciudades).
3. Proceso de progresiva acumulación de poder en mans dos monarcas en detrimento do poder señorial. Este poder continuará en aumento ata a chegada da monarquía absolutista desde o s. XVI ata a Revolución Francesa.
4. Sucesión de periodos nos que Galicia se constitúe e funciona como reino independiente e periodos en que se integra ou é anexionada no reino astur-leonés. O derradeiro tramo histórico con rei exclusivamente galego sitúase no s. XI e a separación administrativa entre Galicia e Portugal prodúcese no ano 1121.
5. Dominio cultural e ideolóxico case completo da Igrexa católica (mosteiros, universidades, seminarios…).
C. Características sociais da lingua na Idade Media
O galego-portugués constitúese en lingua escrita no s. XII. Antes diso levaba décadas de uso exclusivamente oral, usada por todos os estamentos sociais a excepción do relixioso e cultural, nos que aínda primaba o uso do latín. É dicir, que ata o s. XII o galego era a lingua de uso oral da maior parte da poboación, mentres que o latín era a lingua da escrita, a lingua literaria, da administración e dos actos xurídicos. Pouco a pouco o galego-portugués vaise estendendo de forma que acabou por abranguer os máis diversos ámbitos e sectores:
a) Documentos privados: testamentos, foros, doazóns, escrituras de compra-venda…
b) Documentos públicos institucionais: actas, regulamentos dos gremios, ordenanzas dos concellos…
c) Documentos xurídicos
d) Documentos eclesiásticos: este é o ámbito en que máis alterna o uso do galego e o uso do latín.
e) Documentos científicos e didácticos: por exemplo o Tratado de albeitaría do s. XV
f) Documentos historiográficos que abordan a historia universal e peninsular, baseados fundamentalmente en documentos latinos e casteláns.
g) Documentos literarios (cantigas e prosa literaria): é o grupo máis amplo e o máis destacado tanto pola calidade como polo número de textos. Da importancia da lírica galego-portuguesa dan fe os 2000 textos e os máis de 150 trobadores ou xograres que desenvolveron a súa actividade nesta lingua. A importancia social do galego-portugués non se aprecia só a través destes datos senón que tamén debemos ter en conta outros feitos como que era lingua propia de reis (Alfonso VI, de quen as crónicas din que cando se enteirou da norte do seu fillo, expresou a súa dor en galego) ou que o Marqués de Santillana na súa Carta-Prohemio ao condestábel don Pedro de Portugal, escrita xa no s.XV, aseguraba que o galegoportugués era a lingua normal da escrita de todos os trobadores, calquera que fose a súa orixe. Así pois, neste periodo (s. XII- mediados do s. XIV) prodúcese una etapa de explendor. O galego non só é a lingua de uso normal para toda a poboación a nivel oral he escrito senón que é ademais lingua de prestixio na que autores extranxeiros compoñen as súas obras.
D. Diversificación do galego-portugués:
Dende mediados do s.XIV ata finais do s.XV éntrase nunha etapa de decadencia. A separación política de Portugal tivera lugar en 1121 mais non conlevou a separación lingüística e cultural aínda que Galicia queda vinculada ao reino de Castela e León. Non obstante, neste periodo o portugués xa é a lingua oficial dun reino independente mentres que o galego comeza a perder usos na escrita, manténdose prácticamente só como lingua oral. E. Características da lingua na Idade Media: Os textos medievais escritos en galego-portugués amosan unha sorpredente unidade, independentemente da orixe dos seus autores; esto demostra que esta lingua funcionaba como unha especie de koiné literaria. As características máis salientables da lingua son as seguintes:
- FONÉTICA: A. Hiatos ee, oo (debido á perda dunha consoante intervocálica). Ex: LEGERE >leer; DOLORE > door…
B. Existencia de vogais nasais (mâo, bôo…)
C. Presentaba o seguinte sistema de consoantes sibilantes: XORDAS SONORAS s- ; -ss- Sentir ; nosso -s- rosa C+e,i ; Ç Cela ; braÇo z dizer x leixar g+e,i ; j Genete; desejar
- MORFOLOXÍA: A. Os nomes rematados en –or, -ol, -es e –ante tiñan unha soa forma para os dous xéneros (meu senhor, minha senhor ) B. As formas do posesivo feminino eran mia (ma, mha), ta, sa. C. A 3ª persoa dos perfectos presentaba as terminacións –e/-o /- (disse, disso, fiz) D. Verbos da 3ª conxugación latina que pasaron á 2ª ( escrever, dizer, viver…) E. Participio dos verbos da 2ª conxugación rematados en –udo ( palabra perduda)
- SINTAXE: A. Emprego de dúas negacións ( Nem madre , nem parente non a podían d’aly tirar)
-LÉXICO: A. Utilización de provenzalismos. Exs: assaz (abondo, bastante), cobra, trovar…
(Tirado do Ies As Telleiras)
luns, 19 de novembro de 2018
BILINGÜÍSMO E DIGLOSIA: TEXTOS PARA COMENTAR.
Comenta os seguintes textos:
Chamar bilingüe a Galicia non deixa de ser un eufemismo. Semellante caracterización, segundo todas
as definicións, presupón unha situación de equilibrio, de estabilidade, de igualdade, que está moi lonxe
de se dar en Galicia [...]. Non falar do trasfondo económico-social e amosar soamente solucións xurídico-
administrativas, dentro dunha estratexia que tenta legalizar o bilingüismo, como panacea social, é
refugar o conflicto. Realmente a intención conciliatoria pode parecer plausible en abstracto, pero, nun
conflicto coma o noso, esíxese unha decisión abertamente favorable a unha das dúas linguas. Non é
xusto nin democrático colocar no ring un anano, esmorecido previamente, diante dun xigante, protexido
xa secularmente, e dicir que agora somos neutrais. Deixar subir ao ring ao galego non é asegurar a neutralidade,
nin moito menos poñerse ao seu favor.
a) Localiza, explica e comenta as ideas principais deste texto.
b) Comenta: É posíbel a convivencia e o equilibrio lingüístico nunha situación de contacto?
c) Explica a relación entre conflito e diglosia.
Algúns homes –galegos tamén– andan a falaren d-un idioma universal, único para toda a nosa especie.
Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escala zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas
e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas
que produce a sabiduría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo,
e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas,
é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: un can
de Turquía oubea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas rincha igual que un cabalo da
Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal...
Podemos e debemos aspirar a que eisista unha língoa internacional, coa que poidamos andar pol-o mundo
i entendernos con xente de todol-os povos… língoa auxiliar, deprendida como asignatura. Os homes
aspiramos a este ben por lei natural, da mesma maneira que non renunciamos á variedade de idiomas…
o obstáculo para chegarmos ao estabelecimento d-unha língua internacional está producido pol-a ambición
das catro ou cinco língoas que puñan para chegaren á hexemonía cultural do mundo.
a) O mito da torre de Babel pretende darlle unha explicación á existencia de moitas linguas. Comenta o que
saibas sobre este mito. Que valoración fai sobre a diversidade lingüística? Fala sobre a permanencia desta
valoración na actualidade.
b) Explica cal é o posicionamento de Castelao ante a diversidade lingüística.
c) A diversidade lingüística empobrece ou enriquece á humanidade? Xustifica a túa resposta.

Francisco Rodríguez: Conflicto lingüístico e ideoloxía en Galicia, 1976

CASTELAO, Sempre en Galiza. 1944
a) O mito da torre de Babel pretende darlle unha explicación á existencia de moitas linguas. Comenta o que
saibas sobre este mito. Que valoración fai sobre a diversidade lingüística? Fala sobre a permanencia desta
valoración na actualidade.
b) Explica cal é o posicionamento de Castelao ante a diversidade lingüística.
c) A diversidade lingüística empobrece ou enriquece á humanidade? Xustifica a túa resposta.
PRESENZA EXTERIOR DA LINGUA: A LUSOFONÍA
A
presenza exterior dalingua
Cada
verán a Universidade compostelá ofrece cursos de galego para
persoas
universitarias estranxeiras, aos que acode xente de Europa,
América
e mesmo Asia. Xeralmente, o atractivo para a aprendizaxe do
noso
idioma está no interese pola cultura e a literatura, incentivado
polas
cada
vez máis numerosas traducións de obras literarias galegas a
outros
idiomas.
A
aprendizaxe da nosa lingua estase a estender en universidades de
numerosos
países
do mundo, sobre todo en Europa e América. Pódese atopar
información
sobre a oferta de lectorados de lingua galega en
www.xunta.es/linguagalega/lectorados_de_universidades
A
lusofonía
En
1139 Portugal constituíuse como reino independente. A partir da
perda
de independencia política do Reino de Galiza e da consolidación
do
Reino de Portugal, as dúas ponlas que ata o momento eran variantes
diatópicas
dun mesmo idioma comezan a diferenciarse cada vez máis.
A
sorte sociolingüística do galego e do portugués foi moi diferente.
Mentres
que a partir do século XV o galego comeza a padecer unha situación
de
minorización, o portugués convértese nun idioma de cultura,
plenamente
normalizado.
Coa
expansión ultramarina, o portugués esténdese por territorios
americanos,
africanos
e asiáticos. Na actualidade fálase en Portugal, Cabo Verde,
Guiné-Bissau,
São Tomé e Príncipe, Angola, Mozambique, Timor-
Leste
e Brasil. Tamén na cidade chinesa de Macau o portugués segue a
ter
moitos falantes. Agás en Portugal, convive coas linguas orixinarias
deses
territorios e con crioulos (linguas nacidas da confluencia de dous
idiomas,
un nativo e outro foráneo) de base portuguesa.
Pola
orixe común e polo alto grao de intercomprensión entre os falantes
das
dúas linguas podemos considerar que o galego forma parte da
lusofonía.
Na
actualidade o portugués é a sexta lingua en número de falantes
primarios
a nivel mundial. Con preto de 200 millóns sitúase despois do
chinés,
o hindi, o español, o inglés e o bengalí. Esta realidade converte
o
galego, mercé ao ámbito da lusofonía, nun idioma de grande
utilidade
para
a comunicación cunha das maiores comunidades lingüísticas do
mundo.
A
pesar da secular barreira que se construíu entre Galiza e Portugal,
os
dous
pobos seguiron mantendo unha intensa relación, sobre todo na raia.
Tamén
foron moitos os galegos, especialmente do sur de Galiza, que
emigraron
a Lisboa e, a partir do século XIX, tamén a Brasil. Cidades
como
San Salvador da Bahía foron destino de moitos devanceiros. A
relación
cultural
comezou a se producir a partir da Xeración Nós e mantívose
ata
a actualidade.
xoves, 27 de setembro de 2018
O adxectivo
No espazo Abalar e no seu traballo sobre os textos descritivos e o retrato, Ramón Rocamonde fainos un estudo moi sinxelo e completo do adxectivo e do substantivo e a súa clasificación.
Podédelo atopar na seguinte ligazón:
.https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1367233647/contido/ODE_retrato/retrato/a_lingua_dos_textos_descritivos.html
Podédelo atopar na seguinte ligazón:
.https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1367233647/contido/ODE_retrato/retrato/a_lingua_dos_textos_descritivos.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Comentario Manuel Antonio
1- Que características propias das vangardas e de Manuel Antonio achammos neste poema?
-
PROPIEDADES DO TEXTO (TIRADAS DO ESPAZO ABALAR) Un texto é algo máis que unha sucesión desartellada de oraci...
-
O GALEGO NA IDADE MEDIA A. CONTEXTO HISTÓRICO-SOCIAL “Idade Media” é un concepto que designa o periodo comprendido entre a caída do...
-
CANTARES GALLEGOS. ROSALÍA DE CASTRO O 17 de maio de 1863 Rosalía de Castro asina a dedicatoria do seu primeiro libro de poesía g...